Vigo acende as luces de Nadal este sábado as sete e modifica o tráfico no centro


O Concello de Vigo modificará o tráfico durante as datas de Nadal para favorecer a mobilidade peonil pola zona centro da cidade e mellorar o fluxo de vehículos na súa contorna.

O alcalde, Abel Caballero, presentou o plan, que dará comezo o sábado 19 a partir das 16:30 horas, coincidindo coa data do alumeado do Nadal, e durará ata o fin das festas. O horario de cese da limitación ao tráfico é as 00 horas, menos os días 24 e 31 e o 5 de xaneiro, que adiantase unhas horas.

Casballero manifestou que a peonalización de rúas e espazos enteiros da cidade “é algo que aprendimos coa pandemia e é norma no Nadal de Vigo, porque funciona ben e resolve a cuestión de xeito razoable”. Ademais invitou aos cidadáns e cidadás a minimizar o uso do vehículo privado e acudir a pé ao centro ou utilizar o servizo de bus urbano.

O acto do acendido das luces de Nadal está programado para o 19 de novembro ás sete da tarde, dependendo sempre da situación meteorolóxica. O tráfico estará cortado desde as 16:30 horas nas rúas Policarpo Sanz e García Barbón ata República Arxentina, Colón e Urzáiz ata Gran Vía e as rúas adxacentes, con hora estimada de finalización ás 23:30 horas. O acceso aos garaxes e aparcamentos das rúas afectadas estará restrinxido desde as 18 ata as 22 horas. O rexedor recomendou non utilizar o vehículo privado e desprazarse a pé ou no bus urbano, que terá paradas en Cánovas del Castillo 28, Marqués de Valadares, Uruguay 18, Cervantes 18, García Barbón 60, República Argentina e Gaiteiro Ricardo Portela.

Abel Caballero explicou que o plan de seguridade establece un aforo de 9.000 persoas na contorna da árbore. Poderase seguir a emisión do acto de alumeado en directo en pantallas na Porta do Sol, a farola de Urzáiz, a fonte de Rosalía de Castro e a praza interior do Centro Comercial Vialia.