Saborea e canta o outono en Monforte


A Delegación Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), pon en marcha este xoves a campaña gastronómica “Saborea e Canta o Outono”, os días 10, 11, 12 e 13 (xoves, venres, sábado e domingo) de novembro. Un total de 13 establecementos de hostalaría de Monforte ofrecerán O Castañazo (dúas racións con ingredientes otoñais e unha botella de viño RS, cun importe de 26€) e O Tartazo (zume, café con leite e un doce otoñal, cun prezo de 5.50€).

Para complementar a actividade, o venres 11 haberá a partir das 19:30 h música en directo nos locais que participan na campaña. Tres grupos de música tradicional e popular serán os encargados de dita actividade: Asociación Cultural Amigos Da Pandeireta, Xograres de Lemos e a solista Nuncy Valcárcel acompañada polo guitarrista Marcelo Pedrero.

Os establecementos adheridos á campaña terán exposto un cartel identificador onde aparecen os locais participantes da mesma. Esta campaña realízase grazas ao patrocinio do Concello de Monforte,.