Quince videos e 0.6 M de reproduccións para a campaña de impulso do comercio local de Ferrol


Os 15 vídeos da campaña lanzada polo Concello para impulsar o comercio local logrou preto de 588.000 reproducións

Participaron nesta iniciativa municipal os establecementos Clef Music, Crest Surfboards, Aranapa, Casa Amador, Cristalería Luma, Con Dos Ovillos, Niebla Boutique, Casa Sedes, Explorer 66, Florista del Castillo, Ruda, Comer Sano Mola, Rosende Joyeros, Cassa Interiorismo e Valencia. Desenvolveuse entre finais de marzo e principios de novembro. O día 25 deste mes terá lugar o sorteo dos boletos non premiados da actual campaña de rasca e gana ‘Bonos comercio Ferrol’

Os 15 vídeos da campaña de promoción do comercio local ‘O noso comercio, a nosa historia’, impulsada a finais de marzo polo Concello de Ferrol para fomentar o consumo nos locais da cidade, alcanzaron preto de 588.000 reproducións. A iniciativa naceu co fin de promover o comercio de proximidade na cidade a través do relato mais persoal dos propios emprendedores.

A campaña, deseñada desde a concellería de Promoción Económica, que dirixe María Teresa Deus, incluíu a publicación cada 15 días, entre finais de marzo e principios de novembro, dun vídeo en redes sociais e no canle de Youtube do Concello de Ferrol. Participaron nesta iniciativa municipal os establecementos Clef Music (rúa Magdalena, 31), de instrumentos musicais; Crest Surfboard (Venezuela, 41), con artigos de surf; Aranapa (rúa Alegre, 76), de moda e complementos; Casa Amador (Carmen, 17), de produtos exquisitos e café; Cristalería Luma (estrada de Catabois, 400), de decoración en vidro; Con Dos Ovillos (Carmen, 32) con las e accesorios para tecer; Niebla Boutique (Magdalena, 115), de roupa e accesorios; Casa Sedes (praza Doctor Iglesias Parga e praza de Canido), que prepara comida caseira para levar; Explorer 66 (Magdalena 122), de xoguetes educativos; Florista del Castillo (estrada de Catabois, 672); Ruda (praza Cruceiro de Canido, 3), con produtos de artesanía; Comer Sano Mola (Paraguay, 1), con comida saudable; Rosende Joyeros (Magdalena, 116); Cassa Interiorimo (Nova de Caranza, 151), de decoración; e a pastelería Valencia (Praza de Ultramar).

Os 15 vídeos da campaña ‘O noso comercio, a nosa historia’ aínda se poden visualizar no canle de Youtube do Concello (https://www.youtube.com/user/ferroloficial). Están protagonizados polos propios emprendedores dos comercios, que relatan en primeira persoa e desde un punto de vista próximo e persoal a súa traxectoria, os seus proxectos e o seu vínculo co consumidor e coa cidade de Ferrol.

Na actualidade o Concello ten activa outra campaña de promoción do comercio local, ‘Bonos comercio Ferrol’, que consiste no reparto de bonos nos 160 locais participantes que poden estar premiados con 10 ou 20 euros e dous de 100. Tras o reparto, os premiados poderán canxearse ata o sábado 17 de decembro e o próximo día 25 de novembro celebrarase o sorteo dos non premiados. Pode consultarse toda a información en https://www.ferrol.gal/Shared/Contidos/110.