O sector turístico galego deixase sentir con forza na WTM de Londres


O sector turístico galego deixarase ver e sentir con forza na World Travel Market London, a feira turística internacional que desde 1980 reúne de forma anual na capital inglesa aos actores máis importantes do sector turístico dos cinco continentes. A  Axencia Turismo de Galicia dispoñerá de novo dun espazo propio no recinto do centro de exposicións EcCeL London, que albergará arredor de 3.000 expositores de máis dun centenar de países.

Alí estará tamén o Clúster Turismo de Galicia, arroupando a unha delegación galega integrada por representantes de case unha vintena de empresas de diversos subsectores turísticos como as axencias de viaxes, os aloxamentos e a oferta complementaria.

Viajes Interrías, Tee Travel, Circuitosw Galicia, CN Travel, Galicia Villas, Mega Mundo Estrella Galicia, Hotel Pirámide, Grupo Carrís, OCA Hotels, Duermingbeds, Pazo Los Escudos Hotel & Spa Resort, Pazo do Río, hostal Monasterio de Moraime, Gesca Hoteles, Paco & Lola, Nest Style Santiago estarán presentes na WTM Lomndon, así como a Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga).

O Clúster poñerá ao dispor dos representantes destas empresas un espazo dentro da caseta de Turismo de Galicia para que poidan dar a coñecer alí as súas propostas á marxe dos propios contactos ou reunións que cada un deles xestione durante a súa estancia na feira londiniense. De feito, dous das empresas galegas han confirmado xa a súa participación nos speed networking incluídos no programa da feira.

Os seus organizadores destacan que a WTM London recupera este ano o formato previo á pandemia, totalmente en vivo, e auguran que o incremento de expositores e as novidades prevista repercutirán nun récord de vendas e operacións.