O cocido galego conquista padais en Ponte de Lima


Protagonismo de revista HG&T no proxecto Gastronomí Limia-Lima, celebrado en Ponte de Lima e consistente na fusión da cociña portuguesa do Alto Minho e da galega. Un peixe de río, que ía ser a solla, peo non había no mercado, e que acabou sendo salón, e o prato galego por excelencia, o cocido.

A organización encomendou a HG&T a procura dun cociñeiro galego alonxado de estrellatos para elaborar o cocido ao xeito máis tradicional, e o elexido foi Manolo Pousada, restaurante Casa Laura (Campelo, Poio) e por parte portuguesa o lisboeta Antonio Alexandre, que elaborou os bocados de salmón.

Manolo Pousada, e Victoriano Castro, en representación este último da revista HG&T, dirixiron unhas palabras aos asistentes sobre o cocido galego, os ingredientes que debe levar, a súa orixe, dende a adafina xudea á olla podrida, que non putrefacta, senón poderida, poderosa, suculenta.

Esta acción, na que había representación da Cámara Municipal de Ponte de Lima, e tmén da Deputación de Ourense, enmárcase no proxecto de Valorización das tradicións culturais e gastronómicas do territorio transfronteirizo do val do Limia.