A Delegación Territorial de Lugo acolleu este xoves a presentación dunha nova edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo, que se celebrará entre o 25 de novembro e o 11 de decembro e conta co apoio da Xunta a través de Turismo de Galicia. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias, e o xornalista Paco Nieto en representación dos organizadores.
Arias subliñou a calidade do festival e explicou que o Goberno galego patrocina a actuación da artista que é cabeza de cartel, Gisele Jackson coa banda The Shu Shu´s, unha figura de talla internacional que recalará no auditorio municipal Hernán Naval o 9 de decembro ás 20,30 horas.
Tamén actuarán Los Deltonos, o Trío Mejunje, Pablo Castanho e Marcos Pin Jazz Orchestra, Noa Lur co espectáculo infantil Jazz for children, Red Beans & The Pepper Sauce, Matabuena Trío, Pablo Sanmamed Trío e Carmen Rey.