Ferrol opta á Copa España Creativa co proxecto gastronómico ‘Dieta Ártabra’




O Concello de Ferrol opta á Copa España Creativa Fórum Lugo 2022 co proxecto gastronómico ‘Dieta Ártabra’, unha iniciativa deseñada pola Administración local que pretende converter a cidade de Ferrol en destino turístico punteiro en gastronomía sostible e saudable. A Copa España Creativa recoñece o Proxecto Urbano o Territorial más Creativo e Innovador e o voto popular representa o 30% do resultado final. A poboación pode votar a través da web https://bit.ly/3TeWJeR.

O VIII Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España, tamén coñecido como Fórum Lugo 2022, terá lugar os días 10, 11 e 12 de novembro en tres sedes da provincia de Lugo e abordará como temática principal ‘Turismo, Creatividade e Innovación para o Desenvolvemento Sostible’. A vicepresidenta terceira do Goberno central e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, inaugurará o evento o día 10. Ese mesmo día presentaranse, entre outros, os tres proxectos finalistas na categoría de Creatividade e Innovación MedioambientalTerritorial: o de Ferrol; ‘Sen CO2’, do Cabildo de Gran Canaria; e o madrileño ‘Campus for Living Cities’. Asistirá a concelleira de Turismo, María Teresa Deus, e en total participan 18 proxectos.