Etiqueta negra quenta fongóns para acoller en Pontevedra produtos gourmet galegos


A sexta edición da feira de produto gourmet galego quenta fogóns coa vista posta nos días 13, 14 e 15 de novembro na capital pontevedresa, en concreto, nas instalacións do recinto feiral.

Etiqueta negra. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra.

A cita servirá para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases.

Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias.

A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas.