Doce establecementos optan a gañar o concurso de tapas de Lugo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, Apehl, vén de facer o reconto dos votos emitidos polo público e desvela os doce establecementos finalistas da décimo séptima edición do Concurso de Tapas de Lugo: Bulló Xantar, Dotmas, El Boni, España, Mesón El Castillo, Nadela, O Castelo, O Cincuenta e Seis, Paprica, Portal 36, Prebe e Rabuda.

Esta vindeira fin de semana, dende o venres 25 ata o domingo 27 de novembro, estes 12 establecementos volverán ofrecer as súas tapas ao público e nesta fase será un xurado técnico o encargado de percorrer os doce locais para avaliar e outorgar un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ademais das maridaxes con cervexa Estrella Galicia e con viño da Ribeira Sacra.