A deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou xunto ao alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, na II Xornada de Degustación da Tenreira Galega que se celebrou na localidade organizada polo ANPA do CPI Cervantes, a cooperativa A Carqueixa e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ancares, coa colaboración económica da institución provincial a través da liña de axudas de concorrencia competitiva que convocou para impulsar a actividade dos colectivos que traballan na Reservas da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño.
Durante a xornada, que naceu co obxectivo de promocionar a calidade dos produtos de proximidade e favorecer a actividade socioeconómica no rural, repartíronse 300 racións de tenreira cociñadas en tres elaboracións. A actividade complementouse coa celebración da X Feira de Artesanía, obradoiros, mostras e diferentes actuacións que se celebraron no polideportivo do colexio de San Román.