Cuso de avicultura tradicional da raza Galiña de Mos CFEA de Monforte


A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrarun curso en Monforte de Lemos sobre avicultura artesanal coa raza Galiña de Mos e comercialización das súas producións.O curso celebrarase o vindeiro sábado 12 novembro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 9,30 a 14,30 e de 16,00 a 21,00 horas.

O obxectivo desta formación é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios sobre a posta en marcha e funcionamento dunha granxa avícola artesanal, así como da comercialización do seu produto. Ademais, trataranse os requirimentos técnicos e sanitarios, centrados sobre todo na raza Galiña de Mos.

Esta formación está dirixidaá xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.gal.