A Aphel Clausurou o curso sobre a cultura do viño en Ribadeo


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo clausurou este mediodía o seu curso sobre cultura de viños do mundo, organizado en colaboración coa Deputación de Lugo.

A formación, que tivo lugar os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro no Parador de Turismo de Ribadeo, abordou un total de 40 viños internacionais nunhas 50 horas lectivas e contou tamén cunha viaxe á Ribeira Sacra.

Na clausura estiveron presentes o director do Parador de Ribadeo, Antonio Graña, e o presidente da Apehl, Cheché Real.