O Outubrofest volve a Pontevedra con cervexa, gastronomía e música

 


O Outubrofest regresa á Praza de España de Pontevedra entre os días 28 de outubro e 1 de novembro con litros da mellor cervexa, música en directo, sesións ‘wermout’, deliciosas salchichas e codillo e a incorporación de opcións veganas e sen glute.

O evento organizado polo Pontevedra Rugby Club en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo, destinado a recadar cartos para financiar os gastos xerais e desprazamentos do club, abrirá ao público en horario de 12:00 a 00:00 horas e inclúe no seu programa actuacións de DJ e o grupo Freakoustic e un concurso de disfraces de Halloween.

“O menú gastronómico abrangue salchichas Frankfurt e Bratwurst normais, de medio metro e dun metro (con opcións veganas e sen glute, como principal novidade este ano) e o tradicional codillo asado en forno de leña, ben regados con Paulaner rubia, tostada e de trigo, e tamén con opcións sen alcol e sen glute. Fíxose un enorme esforzo para trata de manter na medida do posible os prezos de edicións anteriores, oscilando entre os 3 € dos perritos (o prezo mantense) ata os 13 € da salchicha xigante dun metro acompañada de chucrut ou ensalada. O medio libro de cervexa rubia e de trigo sairá a 4 € e o de tostada a 5 €, mentres que o litro das primeiras venderase a 7 € e o da tostada a 8 €”, avanzou a edil de Promoción Económica, Yoya Blanco.