As carnes galegas amparadas pola indicación xeográfica protexida (IXP) Vaca Gallega - Buey Gallego poidan comercializarse xa en todo o territorio da Unión Europea. Será posible logo de que o Diario Oficial da Unión Europea publicase -hoxe mesmo- o Regulamento da Comisión polo que se procede á inscrición deste selo no rexistro da UE. Cabe lembrar que, ata agora, a IXP contaba cunha protección nacional transitoria que só permitía, de xeito provisional, a comercialización da carne con este distintivo en España.
A IXP Vaca Gallega - Buey Gallegoampara a carne fresca e miúdos procedentes de vacas e bois da nosa comunidade que pertenzan ás razas Rubia Galega, Morenas Galegas (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiáe Vianesa), Asturiana dos Vales, Limusina, Rubia de Aquitania, Frisoa e Pardo Alpina, xa sexa en pureza ou cruzadas entre si. Para que sexan recoñecidos como tal, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse na nosa comunidade, así como demostrar a rastrexabilidade do produto e cumprir as características que se establecen no prego de condicións.
A IXP Vaca Gallega - Buey Gallego contou o ano pasado con 40 industrias e comerciais cárnicas, ademais de 441 produtores inscritos, incluíndo tanto gandarías como cebadeiros. Así mesmo, acadou os 614 canais certificados e as 268 toneladas de produción protexida, cun valor económico estimado de 1,2 millóns de euros.
Este selo súmase á IXPTernera Gallega, limitada a animais de menos de 12 meses e que xa se vén comercializando fóra da nosa comunidade. Neste caso, o ano pasado acadáronse as 99 industrias e os 8.488 produtores inscritos. Os canais certificados foron 104.638 e a produción protexida alcanzou as 23.695 toneladas, cun valor económico estimado de 137 millóns de euros.