Arranca en Verín a segunda edición da Festa da Cervexa


Verín acolle desde este venres e ata o domingo, día 9, a segunda edición da Festa da Cervexa, á un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades nacionais e de importación, e que se complementará con varios restaurantes que mesturarán gastronomía galega e alemá, actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil.

En canto á oferta gastronómica, hai un total de nove postos de comida que ofrecerán aos asistentes pratos tradicionais galegos como polbo, xamón, embutidos, churrasco, empanada, polos asados, comida vegana e crepes salgados e doces; así como tamén produtos alemáns como as típicas salchichas (bockwurst, frankfurt ou weisswurst), Bretzel ou doces como muffings de cervexa, biscoito de maza.

O evento terá lugar na zona verde da Preguiza e contará cunha carpa de 20x80 metros na que estarán colocados os postos de bebidas e alimentación. O horario da feira será o venres de 19.00 a 01.00 h; o sábado de 12.00 a 16.30 h e de 19.30 a 01.30 h e o domingo de 12.00 a 20.00 h.

Os grupos “Guezos” e “La Banda de Ayer” serán os pratos fortes musicais programados para as noites da Feira.  Tamén haberá actividades para os máis pequenos da casa, que poderán desfrutar o domingo 9 co espectáculo infantil “Cómicos da legua na raia seca” da compañía Viravolta Títeres e tamén con divertidos inchables durante toda a fin de semana.