A Xunta lanzará 20.000 Bonos Cultura con un valor de 50 euros por usuario


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou  que o Goberno galego porá en marcha este outono unha nova edición do Bono Cultura, o programa de descontos do 50 % na compra de produtos ou na utilización de servizos culturais, para o que se emitirán 20.000 bonos.

 A nova edición amplía os seus obxectivos buscando, por un lado, incentivar a demanda cultural e dinamizar o consumo así como favorecer o fortalecemento do sector axudándoo a reducir o impacto económico marcado polo actual contexto económico de suba de prezos.

“Se na primeira edición o obxectivo foi volver a reactivar o consumo nos comercios de proximidade tras a pandemia, agora cómpre botar unha man ao sector e os consumidores nesta nova crise de suba de prezos”, indicou Rueda. O titular do Executivo autonómico resaltou que este bono é unha medida “para todos os galegos, teñan a idade que teñan”. Rueda destacou que, fronte ao que fan outras Administracións que lanzan medidas dirixidas a colectivos específicos, a Xunta aposta “non fixa unha idade máxima” para acceder a estes bonos.

A nova edición de Bono Cultura botará a andar este mesmo mes de outubro coa apertura do período de adhesión das empresas. A continuación, a partir do 2 de novembro, os usuarios poderán solicitar os bonos e información aos medios de comunicación da Xunta San Caetano, s/n 15704, Santiago de Compostela T. 981 541 238 / 42 / 51 comunicacion@xunta.gal www.xunta.gal e comezar a gozar dos descontos ata o 31 de decembro.

A campaña reeditará as condicións do ano pasado con algunhas novidades. Así, inclúense novas epígrafes nas bases para a participación das empresas. É o caso das dadas de alta na venda por menor de discos, así como o comercio de instrumentos musicais, que poderán participar sempre e cando comercialicen algún dos produtos e servizos obxecto da convocatoria. Tamén se amplía o teito de gasto que cada establecemento pode ter ao abeiro desta campaña, ata os 30.000 euros (fronte aos 20.000 euros que inicialmente se fixaron na edición anterior). O orzamento total do Bono Cultura 2022 é de 1M € coa intención de mobilizar 2M € e que se beneficien 20.000 persoas.

Os bonos terán un valor de 50 € por usuario para gastar nos distintos establecementos que se adhiran. As compras terán un desconto do 50 % ata esgotar o crédito. Os produtos e servizos que se poderán adquirir non varían con respecto á edición anterior: a compra de música gravada en CD ou vinilo, películas ou series en formato físico, libros ou videoxogos e calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo...), salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos, entre outras.