A vendima da DO Monterrei rematou con 6,5 millóns de quilos de uva colleitados


A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a campaña de vendima 2022, alcanzando a cifra de 6,5 millóns de uva colleitados.

Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, recolléronse 4,5 millóns de quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron uns 2 millóns. Como en campañas anteriores, a variedade godello foi a máis abundante, con 3,2 millóns de quilogramos de uva producidos. Tras elas, sitúanse mencía (1,5 millóns), treixadura (preto de 900.000 quilogramos) e aráuxa (aproximadamente 300.000 quilogramos). Con todo tamén se colleitaron variedades como dona branca, albariño, loureira, merenzao, sousón e caíño tinto.

“O estado fitosanitario da uva foi excelente”, destaca a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva Rodríguez. “Levouse a cabo unha vendima gradual, para alcanzar o grao de maduración óptimo da uva segundo a variedade, así que os resultados non só foron moi bos a nivel cuantitativo senón tamén cualitativo”.

A campaña de vendima iniciouse o 01 de setembro, con Castro de Lobarzán e finalizou o 09 de outubro, sendo a adega Crego e Monaguillo a última en pechar o período de recolección de uva.