A ameixa do chef de El Cafetín proclámase gañadora da II Batalla das Cunchas




A II Batalla das Cucnhas serviu este xoves como acto inaugural do Mercado das Cunchas de Pontevedra, que permanecerá aberto ata o domingo 9 de outubro na carpa instalada na Praza de España en horario de 12:00 a 00:00 horas (de xeito ininterrompido). Nunha contenda que serviu para amosar o desbordante talento dos nosos cociñeiros, o xurado optou finalmente por proclamar vencedora á ameixa, grazas a unha receta elaborada polo chef de El Cafetín, Rubén González Vallejo.

Ademais de González Vallejo, completaron este ‘all star’ de chefs que forman parte da Banda Cociñas de Pontevedra: Vicente Tortajada, de La Culpa de la Gula: zamburiña;  Antonio Novas, de Loaira (en representación de Iñaki Bretal): ostrón;  Marta García, de Meigas Fóra: navalla; Marta Santiago, de A Fervella: mexillón; Carlos Barreira, de Bocarte: berberecho; e Felipe Osorio e Bárbara Gabriela, de Lulo Gastrogrill (convidados pola Banda Cociñas de Pontevedra): vieira.