A Agacal imparte en Segude un curso de fruticultura ecolóxica


A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar no Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude, en Boqueixón, un curso debfruticultura ecolóxica. A formación impartirase ao longo de tres días en horario de 10,00 ab14,00 e de 16,00 a 20,00 horas a partir do vindeiro sábado 29 de outubro.

Durante o curso abordarante tanto conceptos básicos e principios que rexen a fruticulturab como as técnicas que se empregan neste eido mediante clases prácticas e teóricas. Así, o fin último é fomentar a produción ecolóxica en bases ás necesidades dun mercado de proximidade que está crecendo en toda Galicia e, especialmente, na comarca de Santiago.