Xornada formativa en Lugo sobre canais de vacún




A Consellería do Medio Rural ofrece unha xornada formativa sobre a clasificación de canais de vacún e sobre o mecanismo de comunicación dos prezos. O día 18 de outubro dirixirase aos gandeiros e o día 25, ás carnicerías. Cunha duración de 3 horas, entre as 16:30 e as 19:30, os dous cursos impartiranse na delegación da Xunta en Lugo.

Os interesados poden anotarse a través do teléfono 982 29 45 16 ou do correo electrónico ica.mediorural.lugo@xunta.gal. Con prazas limitadas, o prazo de inscrición para as ganderías remata o vindeiro día 10 e para as carnicerías, o 17.

Este curso afondará no modelo europeo de clasificación de canais SEUROP, que cataloga os canais segundo o seu desenvolvemento muscular, desde os de categoría excepcional, S ou superior, ata os de escaso músculo, P ou mediocre. No caso dos canais certificados como Ternera Gallega ou Ternera Gallega Suprema, admítense as clasificacións desde S a O+; a excepción das razas Morenas Galegas, nas que non se ten en consideración este aspecto.