O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación do libro A gran obra dos Camiños de Santiago, un novo volume dos distintos itinerarios xacobeos que nesta ocasión analiza a vía Tolosana, unha ruta que comeza nesta cidade da Provenza francesa e enlaza co Camiño Francés.
Trenor lembrou que este libro está cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do programa “O Teu Xacobeo” un ambicioso plan de dinamización sociocultural que, nesta a súa terceira edición, apoia máis de 250 proxectos na provincia da Coruña, moitos deles, con orixe na nosa cidade.
O delegado da Xunta subliñou, con respecto a este novo libro, que “máis aló dos fins máis ou menos prácticos de calquera dos centos de guías editadas, A Gran Obra dos Camiños de Santiago escudriña cada recuncho dos 19 Camiños recoñecidos como tales nunha experiencia que sorprende ata aos máis adictos aos roteiros xacobeos”.