San Sebastián acollerá un túnel do viño da D.O Monterrei




Unha trintena de viños da D.O. Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que levará a cabo o 12 de setembro en San Sebastián.

Esta iniciativa celebrarase no Hotel de Londres y de Inglaterra, de 17 a 21 horas, e nela estarán presentes os viños de 19 adegas da denominación: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Ademais de poder degustar os tintos e brancos elaborados en Monterrei, mostrarase aos participantes da devandita iniciativa cuestiones como tipoloxías de viños, variedades de uva, características edafoclimáticas ou historia vitivinícola do territorio.