'Receitas para o recordo' na praza de Santiago para concienciar sobre o Alzheimer


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu este venres ao encontro gastronómico organizado pola Federación Alzheimer Galicia (Fagal) baixo o título ‘Receitas para o recordo’. Nel participaron persoas con Alzheimer que puideron compartir unha mostra de cociña tradicional galega con prestixiosos cociñeiros como Lucía Freitas e Pepe Solla.

O director xeral puxo en valor esta iniciativa por permitir recuperar e poñer en valor a tradición da gastronomía galega ao tempo que se protexen os recordos de todos os galegos. Este evento, celebrado na praza de Abastos de Santiago, enmárcase dentro da campaña ‘Lémbrate do Alzheimer’ posta en marcha pola entidade con motivo do Día Mundial do Alzheimer que tivo lugar o pasado 21 de setembro.