Pontevedra ten no deporte tractor da economía local


Pontevedra acollerá o vindeiro fin de semana, 23, 24 e 25 de setembro a Costa Atlántica MTB Tour que inclúe una crono pola cidade de Pontevedra e dúas etapas por distintos concellos con saída e chegada, tamén, a Pontevedra. O concelleiro de Deportes e tenente de alcalde, Tino Fernández, indicou que se trata “dunha proba única” cunha asistencia de máis de 200 participantes.

A proba arranca o día 23 cunha crono nocturna de 4 quilómetros polo centro histórico da cidade e atravesando o río. A saída será de 4 en catro dende a praza de España.

As outras dúas etapas percorrerán distintos concellos con saída e chegada á praza da Ferraría. Na actualidade a inscrición está pechada con máis de 200 participantes, que poden competir en parellas ou individual. Ademais, existen dúas categorías competitivas (élite e master) e outras non competitivas. A proba rematará o domingo 25 cunha Pasta party na praza da Ferraría.

Os organizadores, a empresa Global Deporte, confían en que se convirta nunha proba referente en Galiza e no Estado.Está apoiada pola Xunta de Galicia e pola Deputación provincial, ademais de polo Concello que considera “o deporte e a actividade deportiva un tractor da economía local” en palabras do concelleiro de Deportes, Tino Fernández. Destacou o intenso outono que ten por diante a cidade con competicións de Loita, ciclocross, marcha nórdica, karate...