Música e gastronomía danse a man no Cúniquer de Portomarín




A Xunta apoia ofestival de música e gastronomía Cúniquer de Portomarín, que ofrece unha ampla programación desde este venres ata o domingo en varios escenarios da localidade lucense.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, e o alcalde, Pablo Rivas, participaron hoxe na presentación das actividadesxunto aos promotores da iniciativa, que se estrea este ano.

A proposta inclúe actuacións musicais gratuítas na praza do Camiño. O sábado a partir das 13.30 horas actuarán The Soul Jacket e Vargas Blues Band; e desde as 17.30 horas o público poderá escoitar aMan de Santo, Susana Seivane e Festicultores Troupe.O domingo ás 13.30 estarán Roi Casal, Jorobados del Miño, Forget la France e La Penúltima Sabinera.

Haberá outras actuacións como a de DJ Panda (o sábado e o domingo); Carta de Ajuste (sábado) Romalde y Sobrín e Los Alcántara (domingo), estas tres últimas no campo da feira.

O espazo adicado á gastronomía repartirase entre o campo da feira e o parque Parabéns, nos que haberá un gastro market que ofrecerá produtos 100% galegos, foodtrucks, preparación de tapas e degustacións e senllos showcookings a cargo dos cociñeiros Alejandro Ares e Santi Almuiña.

“O Camiño de Santiago é un dos maiores reclamos turísticos da provincia de Lugo, polo que resulta un escenario idóneo para desfrutar dunha experiencia gastronómica e de ocio vinculada ao Xacobeo e para darllesprotagonismo aos produtos galegos”, apuntou Javier Arias.