Hostalería, turismo e alimentación, novos cursos de formación na Coruña


O proxecto de emprego Coruña Suma iniciará o seu último curso a vindeira semana, dando por rematada a convocatoria de cursos formativos logo de 87 itinerarios ofertados dende o seu inicio. O proxecto Coruña Suma é unha das iniciativas postas en marcha polo Goberno de Inés Rey no presente mandato para a reactivación económica e aumento da inserción laboral.

As accións formativas a desenvolver centráronse en 7 áreas principais: atención a persoas dependentes, comercio, socorrismo, administración e xestión, hostalaría e turismo, industria alimentaria e informática e comunicacións. Nesta última enmárcase 'Xestión comercial de clientes con novas tecnoloxías', a última formación do proxecto para a que se ofertan un total de 15 prazas dirixidas a colectivos vulnerables en situación de desemprego. A formación é impartida de xeito presencial en quenda de mañá, con horario de 9.30 h a 14.30 h. A súa finalización está prevista o 18 de novembro deste mesmo ano, con case tres meses de formación nos que o alumando recibirá formación no sector das TIC en relación coa empresa.

Este mes de setembro outras dúas accións formativas de Coruña Suma sobre 'Técnicas de recepción e comunicación' e 'Programación orientada a obxectos con JAVA'. Ambas formacións ofertáronse con 15 prazas cada unha e exténdense ata o vindeiro mes de novembro.

Coruña Suma é unha iniciativa impulsada polo Goberno de Inés Rey e cofinanciada polo Fondo Social Europeo, co obxectivo de mellorar a inserción laboral de persoas en situación de desemprego. A través do proxecto 'Coruña Suma', o Goberno municipal puxo en marcha un total de 87 itinerarios formativos, dos que 85 xa se realizaron. As formacións permitiron a inserción laboral de 837 persoas, xunto coas prácticas en empresas e o módulo de coaching laboral.

A información do proxecto pode consultarse na web de Coruña Suma ou contactando co Centro Municipal de Emprego dos Rosales, no teléfono 981184399 ou enviando un correo electrónico a coruna.suma@coruna.gal.