Deste este 31 agosto xa está prohibido estacionar na rúa Aduana de Pontevedra, se ben as restrición serán ampliadas durante a xornada do 3 de setembro, xornada marcada pola celebración da Feira Franca
O Concello solícitalle á veciñanza que atenda as recomendacións propostas desde os corpos de seguridade e utilice os vehículos particulares para o imprescindíbel durante a celebración do sábado
O venres, 2 de setembro, será o inicio da Feira Franca 2022. A Policía Local lembra que esta é unha celebración que principalmente sucede nas rúas do centro histórico, xera un importante tránsito de persoas e vehículos que se deixa notar en toda a cidade, de xeito especial nas entradas e saídas da mesma.
O Concello de Pontevedra ten xa preparado un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os problemas que carrexa este evento, cita na que participarán membros da Policía Local; Protección Civil, Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o espazo público permaneza e poida estar nas mellores condicións de uso para toda a cidadanía.
Perante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello de Pontevedra solicita a colaboración cidadán á vez que fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios (Mollabao; Pavillón de Deportes, explanada do Recinto Feiral; Avenida Bos Aires e Xosé Malvar; A Parda; Avenida de Vigo e Pasarón)) e, doutra banda, pídelles aos veciños e veciñas de Pontevedra que reduzan o uso do vehículo particular ao mínimo imprescindible.
O operativo de tráfico trae consigo unha serie de medidas coma a restrición de estacionamentos en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o máximo respecto á sinalización provisional nos espazos afectados.