Coristanco exalta a súa pataca


Estase a celebrar ba localidade bergantiñesa de Cosistanco a Festa da Pataca -de feito remata hoxe domingo- con diversas actividades que xiran sobre o tubérculo máis importante na nosa dieta. Con motivo da inauguración do Museo da Pataca de Coristanco, no marco da 40ª edición da festa, o conselleiro do Medio Rural, José González destacou a relevancia da produción deste tubérculo na comarca de Bergantiños desde o punto de vista etnográfico, agrario e social e de identificación territorial.

Nesa liña, cómpre sinalar que a produción de pataca certificada da indicación xeográfica protexida(IXP) Pataca de Galicia no concello coruñés de Coristanco representa o 10% da superficie do indicativo de calidade, cunhas 61 hectáreas en 86 parcelas, así como con 13 produtores e dous envasadores. No conxunto da IXP, 2021 pechou cun total de 99 produtores e 12 almacenistas, cunha superficie de cultivo de 661 hectáreas e unha produción superior ás 6.000 toneladas cun valor económico estimado de máis de 3 millóns de euros.

A festa incluiu sardiñadas con cachelos, concurso de tortillas, degustación de patacas e figuras realizadas co tubérculo, entre outras actividades comúns a estas exaltacións gastronómicas.