Chega este fin de semana a Campelo (Poio) a Festa da Ameixa


Este fin de semana o Concello de Poio rinde culto a un dos produtos estrela deste municipio do litoral de Pontevedra co gallo da Festa da Ameixa de Campelo. Trátase da festa gastronómica máis antiga do municipio e tamén a de máis sabor.

Naceu no ano 1988 pola inquedanza dos mariñeiros da zona, coa intención de poñer en valor a súa ameixa e achegar este prezado bibalvo a todos os petos. Non hai que esquecer que o marisqueo é unha importante actividade económica na zona, da que viven moitas familias da localidade.

A singularidade desta exaltación gastronómica, según resalta o concelleiro José Luis Martínez é que se trata “de ameixa babosa da ría de Pontevedra que procede da lonxa de Campelo e que mercamos ás tres confrarías que operan na zona”.

Sabido é, por outra banda, que a ameixa babosa é unha das especies máis saborosas das catro variantes que se recollen nas costas de Galicia e que a lonxa de Campelo ostenta o liderado en canto a facturación en bivalvos das rías galegas. Toneladas de ameixa babosa, fina, rubia e bicuda extraídas da ría de Pontevedra pasan por esta pequena rula e abastecen en fresco a prácticamente todo España.

A gastronomía é unha das señas de identidade de Poio, pois ten dous restaurantes con estrela Michelín e outros moitos de recoñecida e merecida fama. Os froitos do mar, da horta e da cabaña son os protagonistas nassúas mesas.