A Ruta do Percebe da Barca nace maridando sustentabilidade, economía e turismo


A sustentabilidade, o desenvolvemento económico e o turismo converxen na Ruta do Percebe da Barca, un itinerario que acaba de ser presentado nun emblemático municipio da Costa da Morte: Muxía. Trátase dunha iniciativa, impulsada pola Asociación de Profesionais Percebe da Barca a través do seu proxecto BeirAtlántica e coa colaboración da Xunta, o GALP Costa da Morte e o Concello muxián.

O obxectivo é tender pontes entre o mundo do mar e o litoral a través dun percorrido co que poñer en valor o traballo que desenvolven os percebeiros e o espazo no que o fan. Unha serie de paneis informativos guían ao visitante por este percorrido acompañándoos con imaxes e testemuños dos propios profesionais do mar grazas tamén á versión virtual accesible a través da web do proxecto e da aplicacoón para dispositivos móbiles desenvolvida a tal efecto.

A posta de longo da Ruta celebrouse este mércores 21 de setembro coa presentación oficial do percorrido e un paseo inaugural polo trazado. Alí estiveron un nutrido grupo de profesionais do mar encabezados polo presidente e o secretario da asociación de percebeiros da Barca, Víctor Haz e Santiago Pérez, respectivamente, ademais do alcalde muxián, Iago Toba; o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González; o director do Parador Costa da Morte, Julio Marcote, o presidente da Asociación Proifesional do Sector Turístico Costa da Morte, Pepe Formoso, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Tamén estiveron presentes o fotógrafo Luís Polo, responsable da parte gráfica do proxecto e encargado de exercer de guía no paseo inaugural, e o historiador e divulgador Xan Fernández Carrera, según recolle a web do Clúster Turismo de Galicia.