A queixería Prestes pon en valor subprodutos como o soro


A queixería Prestes, en Vilalba (Lugo) foi beneficiaria dunha axuda de máis de 61.000 euros no marco da convocatoria do ano pasado para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías, no ámbito agroforestal. En concreto, a achega serviu para valorizar o soro mesturado con auga derivado da elaboración dos queixos.

Desenvolvido en colaboración coa Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o proxecto consiste en recorrer ao nanofiltrado do soro para a obtención de produtos funcionais libres de alérxenos, como soro concentrado para alimentación infantil, manteiga para repostería, requeixo normal e de sabores ou fetiñas a partir de requeixo. Ao mesmo tempo, apóstase pola recirculación de ata un 80% da auga empregada, contribuíndo ao aforro de consumo hídrico e á redución da pegada de carbono.

O director da Axencia Galega da Calidadev Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou a fábrica da queixería Prestes e aproveitou para avanzar que en breve se comunicarán os beneficiariosda convocatoria deste ano para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novosprodutos, prácticas, procesos e tecnoloxías, no ámbito agroforestal, que contou cunorzamento de 2,4 millóns de euros. Tendo en conta que a intensidade da axuda acada ata o 80% dos gastos subvencionables, a contía máxima subvencionada en cada iniciativa pode acadar ata os 150.000 euros.