A Festa do Mel e das Noces estira o verán en Baiona ata o vindeiro fin de semana


O Concello de Baiona abre o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 24, 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián.

Durante tres días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas ou artesanía, entre outros. O mercado estenderase tamén por Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón

Ademais, o mercado será amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destaca que “O Concello de Baiona profunda na súa aposta pola recuperación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con tres días de programación. Se aposta pola liña de recuperación e posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos para que brille como se merece”.