A APTCM traballa na desestacionaliación turística da Costa da Morte


A nova directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM), que preside Pepe Formoso, comeza a sua actividade.con reunións coas empresas de Asesoría técnica turística interesadas en traballar con este colectivo profesional para que presenten orzamento e propostas.

Outro dos puntos importantes ique quere afrontara a APTCM é a unión do sector turístico da Costa da Morte e a captación de socios: (na actualidade son 80) : "Agora mesmo somos 80 socios, 65 ao corrente de pago. Máis de 50 empresas están interesadas e moitas delas xa están xestionado o seu ingreso. Cifra que aínda consideramos insuficiente se queremos a unión e profesionalización do colectivo", precisa Formoso..

Na runión da directiva tamén se disertou sobre a desestacionalización porque "garantiría unha maior cantidade de visitantes nas tempadas de outono, inverno e primavera. Para iso falouse dos diferentes recursos que podrían axudar e polos que xa se está apostando dende o CMAT", abunda o presidente.

Turismo familiar, destino Starlight, megalitismo, xeoloxía: Penedos e monte Pindo, ornitoloxia, temporais, surf, buceo, pesca, avistamento de cetáceos, vela, sendeirismo, paseos ecuestres, BTT, outono e os cogumelos, primavera (xestas e toxos), Camiño de Santiago, camiño dos faros, fotografía, cabeceiras, natureza, gastronomía, patrimonio subacuático, museos, o último Solpor da Europa atlántica e tódolos solpores, autocaravanismo, praias e amigas das mascotas, faros, románico, arquitectura moderna, pazos, feiras, festas e xornadas gastronómicas e os grandes recursos literarios que son Eduardo Pondal e o Batallón Literario da Costa da Morte (BLCM), son as moitas posibilidades que plantaxa a directiva.

Forman parte da directiva Pepe Formoso (Hotel Bela Fisterra e Albergue Bela Muxía) como presidente; vicepresidenteJulio Castro (Director do Parador Costa da Morte; secretario: Damián Álvarez (Gubem Event e modelo internacional), tesoureiro: Guillermo Iglesias (Asteria Beach) e como vogais Belén Marcote (Restaurante Casa do Peixe e Restaurante Son do Mar), Marcos Seoane (Asador Río Sil).e José Ramón Pombo (Autocares J Pombo).