A aplicación AppFitoVit ofrece en tempo real iformación fitosaniaria dos viñedos


O director da Estación de viticultura e enoloxía de Galicia, Juan Casares, participou na Mobile Week Ourense coa presentación da aplicación AppFitoVit, que ofrece información fitosanitaria sobre o viñedo en toda Galicia. Con el tamén estivo a responsaO director da Estación de viticultura e enoloxía de Galicia, Juan Casares, participou hoxe na Mobile Week Ourense coa presentación da aplicación AppFitoVit, que ofrece información fitosanitaria sobre o viñedo en toda Galicia. Con el tamén estivo a responsable de viticultura da estación, a investigadora Emilia Díaz.

Neste senso, Juan Casares sinalou que esta aplicación para telefonía móbil foi desenvolvida pola propia estación dentro das liñas estratéxicas de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e está financiada nun 75% con fondos Feader, ao abeiro da convocatoria de accións de cooperación.

Dita aplicación permite obter boletíns de avisos fitosanitariosterritorializados en toda Galicia. Trátase dunha iniciativa que deu resposta a unha vella demanda do sector vitivinícola galego, ao poder contar cun sistema de avisos climatolóxicos e fitosanitarios homologable para toda Galicia. Desta forma, a través desta aplicación pódese predicir episodios adversos relacionados con enfermidades do viñedo (tendo en conta as características das zonas), con especial atención ás provocadas por fungos como o mildiu e, así, evitar posibles perdas económicas derivadas de tales fenómenos e contribuír a unha maior sustentabilidade do viñedo.

Para o seu desenvolvemento, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia contou cos servizos dunha empresa especializada no deseño de plataformas dixitais para a agricultura e viticultura de precisión, así como coa colaboración de 33 entidades entre as que se atopan os cinco consellos reguladores vitivinícolas de Galicia.ble de viticultura da estación, a investigadora Emilia Díaz.

Casares sinalou que esta aplicación para telefonía móbil foi desenvolvida pola propia estación dentro das liñas estratéxicas de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e está financiada nun 75% con fondos Feader, ao abeiro da convocatoria de accións de cooperación.

A aplicación permite obter boletíns de avisos fitosanitariosterritorializados en toda Galicia. Trátase dunha iniciativa que deu resposta a unha vella demanda do sector vitivinícola galego, ao poder contar cun sistema de avisos climatolóxicos e fitosanitarios homologable para toda Galicia. Desta forma, a través desta aplicación pódese predicir episodios adversos relacionados con enfermidades do viñedo (tendo en conta as características das zonas), con especial atención ás provocadas por fungos como o mildiu e, así, evitar posibles perdas económicas derivadas de tales fenómenos e contribuír a unha maior sustentabilidade do viñedo.

Para o seu desenvolvemento, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia contou cos servizos dunha empresa especializada no deseño de plataformas dixitais para a agricultura e viticultura de precisión, así como coa colaboración de 33 entidades entre as que se atopan os cinco consellos reguladores vitivinícolas de Galicia.