O Consello da Xunta autorizou este xoves a sinatura dos convenios coa Deputación da Coruña para a execución dos plans de sustentabilidade en destino dos proxectos do Xeoparque Cabo Ortegal e das Fragas do Eume por importe de tres millóns de euros.
Están financiados no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia dos fondos Next Generation.
O obxectivo e implementar actuacións de impulso de sustentabilñidade turística nestes destinos, na súa tripla vertente: ambiental, socioeconómica e territorial