Vigo rexistra en xullo os mellores datos turísticos da historia


Vigo consigue en xullo o seu mellor dato turístico da serie histórica. Así o destacou o alcalde, Abel Caballero, que desvelou ademais que o primeiro fin de semana de agosto alcanzou o 96% de ocupación hoteleira. Cabvallero valorou positivamente os datos e louvou a actividade turística na cidade nunha xuntanza que mantivo coa Federación de Comercio de Pontevedra.

Os datos de ocupación hoteleira no mes de xullo de de 2022 son os mellores datos da serie histórica neste mes do ano. Os hoteis da cidade estiveron de media co 84,15% das habitacións cheas, dous puntos por enriba dos datos de 2019 e máis de 10 puntos con respecto ao 2021. A porcentaxe ascende ao 85,2% se temos en conta a media dos fins de semana.

Os turistas están en Vigo unha media de 2,5 días e o turismo nacional segue a ocupar a primeira posición cun 54,1% do total. Os estranxeiros supoñen o 33,37%, sendo os portugueses os que máis se achegan á capital das Rías Baixas. Tamén destacan os visitantes doutros puntos, como os británicos, estadounidenses, alemáns e franceses.

O alcalde recibiu á directiva da Federación de Comercio da provincia de Pontevedra. Trasladaron ao rexedor distintos proxectos e a idea de colaborar coa institución local para mellorar o seu sector.