O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este lunes a nova oficina de Turismo que está situada na rúa López de Neira 8, moi preto da peonil rúa Príncipe.
“O enorme auxe do turismo na cidade requiría este cambio para atender mellor aos visitantes”, destacou Caballero.
A oficina, de grandes dimensións e dotada con pantallas táctiles e toda a información sobre as posibilidades que ofrece a cidade á disposición do turista, substitúe á que estaba anteriormente na estación marítima. “O enorme auxe do turismo en Vigo nos últimos oito anos, que alzou á cidade como un dos principais destinos de España, requiría este cambio de localización, no corazón da cidade”, advertiu.
O rexedor xustifica ademais este cambio ao feito de que “o turismo hai anos en Vigo estaba moi ligado aos cruceiros, pero agora abarca toda a cidade e todas as estacións do ano. A nova oficina supón, ademais, un aforro anual de 50.000 euros”, asegurou.
Con esta nova oficina o alcalde espera satisfacer todas as necesidades dos visitantes que, “a pesar de internet e as redes sociais, seguen preferindo a atención personalizada que se ofrece nunha oficina de turismo.
A ocupación media dos fins de semana de xullo e agosto supera o 90%, cunha ocupación media do 80% no total dos días, con previsión de mellorar cando remate o mes.