Vigo colga o cartel de completo durante esta fin de semana


Vigo estará ao completo de ocupación hoteleira durante esta fin de semana, que coa chegada de O Marisquiño reforza as cifras de récord que acadou a cidade durante o mes de xullo.

O alcalde, Abel Caballero, declarou que “conseguimos colocar a Vigo entre as grandes rutas turísticas do mundo, sen ningunha publicidade da Xunta”.

Este festival é un referente da cultura urbana, provocando que se acheguen a cidade milleiros de visitantes nacionais e internacionais. Nesta edición volverán a gozar coa celebración de grandes eventos deportivos e musicais, como o concerto de Hijos de la Ruina e Wöyza, que ateigou o auditorio de Castrelos.