Tourist inside ou a dixitalización de Sanxenxo


O programa "Tourist Inside", iniciativa da Deputacioón de Pontevedra, actualizará a oficina de turismo de Sanxenxo.Incorporará elementos punteiros como unha pantalla táctil ou un bucle magnético. Ademais instalaranse "beacons" en distintos puntos do municipio. Así o anunciou a deputada de Turismo, na visita que realizou á oficina acompañada do alcalde, Telmo Martín. Un cambio, explicou a deputada, que implica un novo modelo de información baseado na busca da satisfacción das persoas visitantes en base ás posibilidades que abren as distintas ferramentas tecnolóxicas, engadeu Ana Laura Iglesias..