Sete novas empresas súmanse o Club Produto Destino Sostible


O Club de Produto Galicia Destino Sostible, a iniciativa desenvolvida polo Clúster Turismo de Galicia coa colaboración da Xunta para impulsar o turismo sostible e facer desta comunidade un referente no ámbito nacional e internacional, segue crecendo. Sete novas empresas acaban de lograr a súa adhesión ao programa tras recibir a aprobación por parte do comité encargado de avaliar as candidaturas.

Os novos integrantes do Club de Produto Galicia Destino Sostible son as axencias de viaxes Ruteart  e  Tee Travel, a sociedade cooperativa Praxxis Inclusión, o establecemento de turismo ruralCasa das Xacias, situado na Ribeira Sacra, o Hotel O Semáforo de Fisterra, o cámping Paisaxe II (O Grove) e o Museo Estrella Galicia MEGA (A Coruña).

A adhesión ao Club segue aberta para calquera empresa galega do ámbito dos subsectores dos aloxamentos, os restaurantes, as axencias de viaxe e os provedores de oferta turística complementaria que cumpran cos requisitos esixidos. No caso de dispoñer xa dalgunha certificación oficial de sustentabilidade (S do ICTE, Biosphere, Green Key, EU Ecolabel, Green Globe21, Travellife, Rainforest Alliance Certified, Estrela Verde da Guía Michelín, etcétera) ou unha certificación ambiental (ISO 14000, EMAS…) poderán adherirse directamente ao club. En caso contrario, para formar parte desta nova iniciativa do Clúster deberán cumprir co 100% dos requisitos obrigatorios e, polo menos, o 33% dos considerados valorables.

O acceso a axudas económicas para a creación de produtos turísticos sostibles e a iniciativas de formación ou networking, así como a presenza na web www.galicidestinosostible.com son algunhas das vantaxes que este novo Club presentado de forma oficial o pasado mes de xullo pon ao alcance de todos os seus socios.