Rianxo adica este fin de semana a ensalzar o mexillón


Este sábado e mañán domingo a festa do Mexillón de Rianxo acada a súa décimo primeira edición, da man da Asociación gastronómica e Cultural da festa do mexillón de Rianxo e o Clube de Remo Rianxo.

A desgustación empeza hoxe as oito da tarde, despois do pasarrúas con gaiteiros. O produto poderá saborearse ó vapor, vinagreta, en escabeche, empanada e croqueta. Tamén haberá un prato de degustación e un prato rianxeiro. As once e media da note un grupo folck amenizará a velada musical.  

O domingo, a partires das once e media haberá un xantar mariñeiro; e a unha da tarde un showcoking as cargo de Manu Gómez (Agrho da Corna) e presentación da mantequilla de mexillón.