Primeiros pasos para crear unha senda entre o nacemento e desembocadura do río Sil


Unha senda para todo un río. Representantes dos 32 concellos polos que discorre o Sil e dos gobernos provinciais de Lugo e León, así como o vicepresidentre primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, ademais do presidente da Asociación Sil Sí, Julio Rubial, participaron este martes na reunión do proxecto Gran Senda do Sil.

A iniciativa busca crear unha vía dende o nacemento do río Sil, en La Cueta (León), ata a súa desembocadura en Os Peares, co obxectivo da promoción destes territorios e a creación de emprego. Rosendo Fernández sinalou na súa intervención en Valdeorras, lugar da reunión, a "firme aposta da Deputación de Ourense pola dinamización do territorio", recalcando a importancia da "cooperación entre administracións para avanzar en proxectos como este".