Paseos pola ría de Pontevedra dende a Moureira


Durante a semana das Festas da Peregrina que a Boa Vila está a piques de vivir, serán realizadas unha serie de excursións en embarcacións tradicionais para recuperar a importancia para a cidade e valor inmaterial do antigo barrio mariñeiro da Moureira, así coma os paseos e excursións que se facían décadas atrás, a comezos do século XX.

Promovida pola área de Turismo, será unha forna máis de lecer de nome ‘A Surfeira’ a embarcación na que poderán subir a veciñanza e os visitantes da cidade en rutas de 80 minutos.

É unha actividade de balde, con idade mínima desde os 5 anos, e na que os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto durante esta.

As datas escollidas para esta ruta serán as seguintes: sábado 13 , domingo 14 , venres 19 , sábado 20 , domingo 21 de agosto. Partirase do Pantalán do Club Náutico de Pontevedra cara Lourido. Haberá seis prazas por paseo.

As inscricións serán abertas o xoves 4 de agosto, a través da web de Turismo de Pontevedra: www.visit- pontevedra.com