Para pementos os de Arnoia, capital Outeiro da Cruz


Outro dos 5 pementos galegos con IXP é o de Arnoia, vila termal ourensana que adica festa gastronómica na carballeira de A Queixería a esta hortaliza, Festa de Interese Trurístico Galego que coincide sempre co primeiro fin de semana de agosto, este ano os días 5, 6 e 7.

A vida económica do concello xira en torno a dous eixos principais: o viño, do Ribeiro, lóxicamente, e os pementos, na actualidade complementados polo turismo termal, eis o hotel balneario Arnoia Caldaria.

Segundo o alcalde desta localidade, Rodrigo Aparicio, o de Arnoia é un pemento “de tamaño intermedio, de cor verde que vira ao vermello, suave na madurez, destaca pola súa finura e consistencia.

De sabor adozado e con tres ou catro lóbulos que o distinguen doutros e polo que é coñecido popularmente como morro de vaca”.

"Durante a festa pódense comer e mercar no propio recinto ou nos restaurantes e bares do pobo. Fora dos días de festa, a verdade é que en poucos restaurantes se poden comer e de mercalos que se fixen sempre que leven o selo da IXP do pemento de Arnoia, porque son moi escasos e hai moito fraude”, salienta o alcalde.

Esta localid ade, cuxa capital é Outeiro da Cruz, e que forma parte da comarca do Ribeiro, está situada alí onde o Arnoia entrega as súas augas ao Miño, un Arnoia no que son de singular beleza as fervenzas que se forman no canón do seu cauce.