O Naseiro ou o bo xantar popular de Viveiro


Moitos son os motivos para programar unha escapada ata Viveiro. A Semana Santa, declarada Festa de Interés Turístico Internacional, o Resurcection Fest, un casco histórico de referencia, boa gastronomía, praias excelentes, clima refrescante no verán e, apunten no calendario, a Romaría do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar, que este ano recupera bríos do 26 ao 30 de agosto.

Declarada Festa de Interese Turístico Galego celebrase esta gran xuntanza no Val do Naseiro, a carón do río Landro. Poderíamos definir esta cita como unha gran romaría gastronómica con acampada na que o requisito fundamental é comer, beber e gozar.

Son millleiros de persoas, vecinos, amigos, familiares e xentes doutras latitudes as que acoden á chamada da Romaría do Naseiro, 5 días de desenfreno ben entendido, comendo, bebendo e disfutando nun ambiente festivo. Máis de 200 mesas e unhas 70.000 persoas acampadas, segundo estimacións da organización. Sen dúbida a romaría gastronómica máis importante de Galicia.

Cada día día está adicado a un condumio diferente, aínda que oficialmente só o venres 26 está adicado ao polbo polo menos segundo reza nos carteis anunciadores; pero o sábado 27 é o día da paella, o domingo 28 dos callos, o luns 29 do caldo e o martes 30 das sariñas.

O que non haberá, por cuestión legais e medioambientai é o tradicional el descenso humorístico do río Landro, unha competición que poñía a proba a imaxinaciópn e o sentido do humor dos participantes con artiluxios flotantes de todo tipo e vestimenta estrafalaria.