O legado romano, un dos principais atractivos turísticos en Galicia




O patrimonio e o legado histórico asociado a monumentos e conservado en museos figuran entre as principais preferencias dos turistas que visitan en Galicia. A promoción e o aproveitamento destes atractivos ten unha gran importancia na estratexia das administracións tal como queda demostrado coa posta en marcha de novas ferramentas e iniciativas nese eido. É o caso da rede de destinos turísticos Hispania Romana  presentada na última edición de Fitur e na que Galicia ten un peso importante, según recolle na súa web o Clúster Turismo de Galicia.

Lugo, coa súa famosa muralla como primeiro expoñente, pero non o único, dese pasado romano, é unha das cidades fundadoras dese colectivo impulsado desde Cartaxena e que contou tamén desde os seus inicios coa participación de Segovia, Alcalá de Henares, Málaga e Mérida, reunindo así no seu seo ás sedes dalgúns dos monumentos romanos máis destacados de toda España. Máis recentemente, A Coruña incorporouse á Rede Hispania Romana sumándolle desta maneira a Torre de Hércules, emblemático monumento que do mesmo xeito que a muralla lucense foi recoñecido como Patrimonio da Humanidade.

O obxectivo desta nova rede é levar a cabo acciones promocionais conxuntas aproveitando ese nexo común que é o pasado romano. Para iso os seus impulsores están a elaborar un plan de acción que contemplará o desenvolvemento de novos produtos turísticos que lles permitan captar máis visitantes e acceder a outros mercados.