Nova vida para o antigo consistorio de Catoira, agora Casa das Artes


A antiga Casa do Concello de Catoira está a transformarse para converterse nunha referencia cultural para todas as veciñas e veciños do municipio. Así, a futura Casa das Artes dará unha nova vida a un edificio emblemático situado no centro de Catoira, o que facilitará o seu desfrute por parte da veciñanza. As obras, xa en marcha, contan cun orzamento de 449.248 euros financiados integramente pola Deputación de Pontevedra, que aporta 381.861 euros co Plan ReacPone xa concedeu a Catoira os 67.397 euros restantes a través do Plan Concellos. Ata a obra achegáronse o deputado provincial, Gregorio Agís, e o alcalde de Catoira, Alberto García.

O financiamento da Deputación permitirá aglutinar non só edificio as diferentes escolas municipais (pandeireta, gaita, artes plásticas ou teatro, entre outras) que na actualidade están dispersas por varios locais. A Casa das Artes será, por tanto, un espazo integrador da vida cultural do concello. Ademais, o inmoble acollerá a radio municipal. Para que toda a veciñanza poida desfrutar destes servizos, a Casa está concibida como un lugar totalmente accesible, sen barreiras arquitectónicas, e que se dotará de ramplas e dun ascensor.