Máis vale tarde que nunca: 30 patrullas do Exército súmanse á vixilancia dos montes


Un total de 30 patrullas do Exército súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes dos lumes forestais. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González, na presentación das tropas da Operación Centinela Gallego, no marco dun convenio entre o Goberno galego e o Ministerio de Defensa que supón un investimento de preto de 500.000 euros.

Trinta patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil se despregarán nos montes galegos no marco deste operativo, que se renova un ano máis. O obxectivo é que a presenza de medios militares contribúa a atallar eventuais lumes ou actividades incendiarias, ao supor un aumento do número de efectivos sobre o territorio, co consecuente reforzo da vixilancia e da disuasión.