Meira acolle este domingo unha nova edición da Festa da Malla


O concello lugués de Meira acolle este domingo, día 28 de agosto, a trixésima edición da Festa da Malla, unha cita que, tal a como sinalou a deputada de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, “festas como esta son as que converten a provincia de Lugo nun dos destinos turísticos favoritos para milleiros de visitantes”.

García Porto destacou que a Malla de Meira, a máis antiga de Galicia da súa clase e declarada de Interese Turístico, “é unha festa popular porque, ano tras ano, gaña en relevancia e en participantes, e tamén polas súas raíces, porque está dedicada a dar a coñecer un dos traballos tradicionais do noso agro”. “O tempo da malla, como tantos traballos agrícolas, era unha ocasión para xuntar aos veciños e deu lugar á aparición de cancións e de bailes relacionadas co traballo”, engadiu.