La Vuelta sabe a Lugo tamén en Irún e Bilbao


A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl) segue coa promoción da provincia luguesa nun escaparate tan senlleiro como é La Vuelta. Nesta ocasión o stand de ...E para comer, Lugo estivo en Guipúzcoa, concretamente na saída en Irún, amosando os sabores e saberes de Lugo. Ata alí achegáronse o alcade irundarra ao que se achegaron, José Antonio Santano, e o exciclista Purito Rodríguez, entre outros persoeiros. O road show continúa coa caravana multicolor.

O de arriba foi onte, hoxe tocou Bilbao coa presencia de Christian Prudhomme, director xeral do Tour de Francia, e Jon Uriarte, presidente do Athletic Club de Bilbao, entre outras moitas caras coñecidas e anónimas. Lugo pedalea con forza cara o cume da excelencia turística.